DISFRUTA DO SÉPTIMO ARTE
"POR UN CURSO DE PELÍCULA"
Este ano estamos a estudar o cine, por este motivo, queremos compartir con vos os nosos gustos persoais. Neste apartado poderedes atopar as nosas opinións sobre as películas máis entretidas e as cales os recomendamos que veades no cine ou nos vosos cómodos sofás.
Estas que vedes aquí son o noso ranking de mellores películas para ver esta fin de semana
Un día diferente
Aquí podedes ver o noso primeiro traballo cinematográfico, un curto feito integramente por nós, o alumnado de 6º A. Esperamos que vos guste o suspense...
Teatro en inglés
Aquí podemos ver un acto teatral representado por Alicia, Sara, Sabela, Helena, Romina e Diego.
"Regreso ao futuro"
Recomendación do profesor Adrián

Se che gustan as películas de ciencia ficción, non podes pasar sen ver esta maravilla producida por Steven Spielberg e dirixida por Robert Zemeckis.
Nesta triloxía, os dous protagonistas, Doc e Marty Fcfly, comezarán unha perigosa aventura viaxando cunha máquina do tempo moi especial, o seu coche, un DeLorean. Con esta película aprenderás un pouco de física mentres disfrutas dunha obra de arte do cine, con personaxes carismáticos e un ritmo trepidante.
Prométovos que non vos ides a aburrir, é unha aposta segura. Espero que a disfrutedes.
STAR WARS
Recomendación da profesora María

É unha das sagas cinemátográficas máis famosas e con máis seguidoras.
Aínda que non virades ningunha película, de seguro, coñecedes a algunha das súas personaxes: Yoda, R2D2, C3-PO, Leia... É que Star Wars, non é unha simple película, senón un universo que compartir.
Que a forza vos acompañe!
"O Rei León"
Recomendación de Sabela Fernández

Se che gustan os animais, esta película producida por John Favreau non a podes perder.
O rei Mufasa e a raíña Sarabi teñen un cachorro de león chamado Simba, que cando medre será o rei das Terras do Reino. Pero Scar, o irmán de Mufasa, quere ser o rei: non fora escollido porque a raíña Sarabi preferiu casar con Mufasa. Polo tanto, terá que impedir que Simba sexa o rei cando medre...
"Aladdin"
Recomendación de Diego Cacheiro

Aladdin é un ladrón que rouba para sobrevivir no mercado de Agrabah. Un día namórase da princesa Jasmine, e vai vela a palacio.
Alí píllano os gardas de Jafar e lévanllo ao deserto. Jafar dille a Aladdin que lle dese unha lámpada escondida nunha cova, pois só Aladdin podía entrar nela.
Pero cando a consegue, Jafar traizóao e arróxao de novo á cova, pero dando tempo a Abú, o mono de Aladdin, a arrebatarlle a lámpada. Máis tarde Aladdin frega a lámpada, na cal hai un xenio que lle concederá tres desexos...
"Frozen"
Recomendación de Romina Carbia

Estamos ante unha das películas de Disney más vistas da historia, seguro vos gusta.
Frozen trata sobre dúas irmás, e unha, Elsa converterase nunha raíña ,pero, ten un poder e ten medo de poder conxelar todo o reino. Marchou polas montañas, e alí fixo un castelo de xeo. A súa irmá, Ana foi en busca dela co seu amigo Cristof, e o seu reno Sven e tamén coa súa " mascota " Olaf. Xuntos vivirán unha gran aventura.
Toy Story 3
Recomendación de Antonio Guerra

Cando seu dono, Andy, preparouse para ir á universidade, o vaqueiro Woody, o astronauta Buzz e o resto dos amigos xoguetes comenzan a preocuparse polo incierto futuro que lles agarda.
Todos rematan nunha gardería onde comenzarán unha serie de trepidantes e divertidas aventuras.
Piratas do Caribe
O cofre do home morto
Recomendación de Miguel Cañizo

Estamos ante a segunda entrega da saga de piratas máis famosa do cine.
Esta vez, Jack Sparrow e a súa tripulación atopan unha chave. Dita chave abre un misterioso cofre custodiado por David Jones.
Jack terá un novo problema, unha extraña mancha aparece na súa man, que fai que sexa perseguido por unha extraña criatura, o Kraken. A única forma de librarse desta maldición, é facer un trato con David Jones, cen almas pola súa en tan so tres días... Será quen de logralo o noso pirata favorito?
"It 2"
Recomendación de María Estévez

Se che gustan as películas de terror non podes perderte IT 2 dirixida por Andres Muschieti.
No misterioso pobo de Derry, un malvado pallaso chamado Pennywise, volve 27 años despois para atormentar a os adultos membros do Club dos Perdedores, que agora están máis alonxados uns dos outros.
Atréveste?
"Wonder"
Recomendación de Helena González

Wonder é unha pelicula que nos ensina a respectar aos demais. Está dirixida por Stephen Chbosky.
Trátase dun neno chamado August, cunha malformación na cara, que leva un casco de astronauta que lle regalaron. Un ano, os pais deciden apuntalo ao colexio, onde a integración non será fácil, pero August poñerá todo da súa parte...
"Coco"
Recomendación de Sara Canseco

Se che gustan as películas de aventura, esta película é para ti. A
película foi
escrita por Molina e
Matthew Aldrichó. Está inspirada no Día dos Mortos.
Miguel é un neno que soña con ser músico, pero a súa familia non quere que sexa músico xa que o seu tataravó os abandonou, poriso queren que sexa zapateiro como toda a súa familia. De súpeto, Miguel entra na Terra dos Mortos, un lugar precioso onde vai en busca do seu tataravó.
Titanic
Recomendación de Alicia Pernas

Titanic é unha historia na que unha xoven da alta sociedade, abandoa ao seu arrogante pretendente por un artista humilde, no transatlántico que se afundeu durante a súa viaxe inaugural.
É unha película fermosa e moi famosa, seguro que che vai emocionar.
"Pesadelos"
Recomendación de Diana Ferreira

Se che gustan as películas de medo e suspense, esta película é perfecta para ti.
Zach Cooper e Gale múdanse a un novo vecindario. R.L.Stine é un maníaco que non deixa a súa filla Hannad estar cós demais rapaces, e non fai caso a seu pai.
"Pokemon"
Recomendación de Marcos Antelo

Se che gustan as películas de seres máxicos, debes ver a primeira película de Pokemon, sobre un neno chamado Ash ketchump, que recibe o seu primeiro Pokemon que se chama Pikachu.
Era
rebelde e lle votaba raios ao pobre neno de 11 anos. Sen embargo, o neno faise
amigo do seu Pokemon. Xuntos vivirán unha gran aventura.